Skip to Content

Clientes > Particulares

Un mundo de servizos ao teu alcance

Servizo de cerrajería e copia de chaves/Mandos

Co noso servizo de cerrajería poderás obter asesoramento e asistencia á hora de poñer a túa fechadura. O noso persoal altamente cualificado atopará a mellor solución que se adapte ao teu problema.

Ademais co noso servizo de copia de chaves e mandos poderás obter a túa copia practicamente ao instante. Servizos dispoñibles L a V de 10:00 a 13:00 e de 15:30 a 19:30*

*Este horario pode ser modificado en horarios festivos e/o vacacionais. Confirmar horario contactando con tenda mediante teléfono ou por WhatsApp

Servizo de asesoramento

Asesorámoste en todas as túas necesidades de bricolaxe e bazar, buscando a mellor solución ao teu problema. Ademais, se fixeches unha compra recentemente e tes algunha dúbida, axudámoste de xeito totalmente gratuíto por WhatsApp ou email.

Contacto

Punto de Recollida e envío

Ademais, agora tamén somos un punto de recollida de CTT Express, Correos Express, Amazon, MRW e Celeritas.

Como entendemos que o teu tempo é ouro, para axilizar a túa recollida rogamos que teñas á man:​

  • Paquetes Amazon: Código de recollida
  • Paquetes MRW, CTT ou Correos Express: DNI e PIN de recollida​
  • Paquetes Celeritas:
    • Recollida: DNI, PIN envío e efectivo/tarxeta de pago (Se é pedido contra reembolso)
    • Devolución/Envío: Código devolución

Nós non temos acceso á base de datos do transportista, polo que se tes algún problema relacionado co transcurso do envío deberás contactar directamente con el ou coa tenda de compra.